martes, 10 de marzo de 2015

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CURSO 2015-16


    Para acceder ao Grao de Actividades Físicas e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas específicas de aptitudes.

    A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña xa ten aberta a inscrición para ditas probas. A convocatoria das probas publicouse o 2 de febreiro de 2015. A continuación se recollen as datas de realización das probas e os prazos para realizar a  solicitude e inscribirse:

Datas das probas:

* 25 de abril de 2015 (prazo de solicitude ata o 10 de abril inclusive)

* 22 de xuño de 2015 (prazo de solicitude ata o 7 de xuño inclusive)

    A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2015/16. Tamén se conservará para os dous cursos seguintes 2016/17 e 2017/18.

.- WEB para realizar a solicitude de de inscrición on line coa documentación a presentar.
    Na PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao, podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.

NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario