viernes, 27 de marzo de 2015

ANTEPROXECTO DE DECRETO CURRÍCULO DE ESO E BACHARELATO NA LOMCE EN GALICIA

    Na WEB da Consellería de Educación xa se pode consultar e descargar o borrador de Anteproxecto de Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

    A continuación deixo copia da páxina cos enlaces.

Proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
Ven, 27/03/2015 - 08:50
Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública o proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
As organizacións, as asociacións, as comunidades educativas e a cidadanía, en xeral, poden realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas ao citado proxecto. Para iso, deben utilizar o documento “modelo_alegacións_decreto.doc”, que se achega, cubrilo, segundo as instrucións que figuran nel, e envialo ao enderezo de correo electrónico: curriculos@edu.xunta.es
  • O prazo para realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións remata o 21 de abril de 2015.
application/msword icon



     No seguinte enlace coa WEB da Consellería de Educación tedes unha guía sobre a LOMCE con toda a lexislación actualizada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario