domingo, 11 de enero de 2015

SELECTIVIDADE GALICIA 2015 - CALENDARIO XERAL





















 

   A CiUG - Comisión Interuniversitaria de Galicia - xa enviou aos centros o CALENDARIO XERAL da PAU (Proba de Acceso á Univesidade) 2015 e do acceso (admisión e matrícula) ao curso 2015/16 nas universidades galegas. No seguinte enlace podedes consultar ou descargar o documento:

CALENDARIO XERAL PAU 2015 E ACCESO CURSO 2015/16

    As datas de realización da PAU (fase xeral e específica) serán:
  
.- Na convocatoria de xuño:              11-12-13 de xuño
    .- Na convocatoria de setembro:     16-17-18 de setembro

  Tamén tedes a continuación os enlaces coa páxina WEB da CiUG (Comisión interuniversitaria galega) coas notas de corte dos alumnos que accederon á universidade neste curso 2014/15 e os parámetros de ponderación das materias da fase específica da PAU 2014

NOTAS DE CORTE 2014/15
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN PAU

NOTA: O acceso a esta información esta recollida de forma permanente na pestana -SELECTIVIDADE- na columna de enlaces, na esquerda deste BLOG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario