jueves, 4 de diciembre de 2014

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA UNITOUR (Vigo) 2014/15


    O martes 16 de decembro de 2014, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 9ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR, como en anos anteriores, cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato, que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR


    A visita será pola mañán e durará aproximadamente algo máis dunha hora. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre ás 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    Neste enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2014 tedes información máis concreta da xornada e o LISTADO UNIVERSIDADES que participan neste salón universitario. Este ano, entre outras, tamén está confirmada a presencia da Unversidade de Vigo e da Universidade de Santiago.

    Os alumnos/as que asistan a UNITOUR recibirán un CD coa información universitaria de máis de 80 universidades de toda España, coas notas de corte, carreiras, prazas, saídas profesionais, etc.

    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas a entrada sera libre para todos os asistentes.

---------------------------------------------------------------------

NOTA: sería conveniente que vos informásedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España.

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia.

.- Las 50 carreras - Dónde estudiar las más demandadas 2014/15.

.- Guía de estudios universitarios y de postgrado 2014/15 - INFOEMPLEO

martes, 2 de diciembre de 2014

GRAOS E TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EN GALICIA


No enlaces do cadro seguinte, pódese consultar a información concreta de todas as titulacións universitarias que se imparten actualmente no Sistema Universitario de Galicia


ENLACES DIRECTOS Á INFORMACIÓN DOS GRAOS UNIVERSITARIOS OFICIAIS DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS 

Cartel da GiUG coa Oferta titulacións Galicia 2015/16



ENLACES COAS TITULACIÓNS PROPIAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA


    Estes títulos carecen dos efectos que as disposicións legais lles outorgan aos títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, pero tratan de responder a necesidade do mercado laboral de contar con profesionais máis específicos en determinadas ramas de coñecemento. Nalgúns casos estás titulacións propias están pendentes de seren autorizadas con carácter oficial en cursos posteriores.  As universidades galegas, ademais das titulacións oficiais, ofertan  catro títulacións propias:

Titulado Superioren Deseño Téxtil e Moda  (Pontevedra - Univ. de Vigo)




TITULACIÓN CON CONDICIÓNS ESPECIAIS DE ACCESO
 
Centro Militar da Defensa na Escola Militar de Marín

Para acceder á titulación ofertada polo Centro Universitario da Defensa de Marín (Escola Naval Militar) pode informarse nas delegacións e subdelegacións provinciais do Ministerio de Defensa. Ademais de ter aprobadas as PAU e necesario cumprir os requisitos establecidos para formar parte das Forzas Armadas e superar unhas probas específicas.