viernes, 7 de marzo de 2014

PROBAS ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP - 2014

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2014


     Na WEB da Cosellería de Educación está o enlace da Orde do 5 de marzo de 2014 coa convocatoria das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior, publicada no D.O.G. Diario Oficial de Galicia do 10 de marzo de 2014.

Descargar ORDE CONVOCATORIA COMPLETA 2014 



CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 10 ao 21 de marzo de 2014 ambos os dous incluidos.  
* Data de realización da proba: o 7 de maio no seguinte horario
 
PRESENTACIÓN:  
- Ás 9.00 horas

PARTE COMÚN DA PROBA:  
- Das 10.15 ás 13,30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua española.

PARTE ESPECÍFICA DA PROBA: 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: realización de dúas materias entre as tres específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo desta resolución. 

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 31 de marzo ao 11 de abril ambos os dous incluidos.

* Data de realización da proba: o 4 de xuño no seguinte horario 
-  Ás 9.00 horas:  presentación.
-  Das 10.00 ás 13 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

-  Das 16.00 ás 18.00 horas. Parte científico-técnica.
As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 

Para obter máis información sobre as probas preme sobre:   

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario