lunes, 24 de marzo de 2014

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN GRAO DE CIENCAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CURSO 2014-15


    Para acceder ao Grao de Actividades Físicas e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas específicas de aptitudes.

    A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña xa ten aberta a inscrición para ditas probas. A convocatoria publicouse o 8 de marzo de 2013 coas datas das probas e os prazos de solicitude:


Datas das probas:

* 26 de abril de 2014 (prazo de solicitude ata o 11 de abril inclusive)

* 19 e 20 de xuño de 2014 (prazo de solicitude ata o 5 de xuño inclusive)

    A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder, coa selectividade aprobada no curso 2014/15. Tamén se conservará para os dous cursos seguintes 2015/16 e 2016/17.

.- WEB para realizar a solicitude de de inscrición on line coa documentación a presentar.
.- Acceso directo ao documento da Convocatoria das probas.
.- Acceso directo ao Regulamento das probas.

    Na PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao, podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.

NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario