lunes, 3 de febrero de 2014

IDENTIDADE DIXITAL E REDES SOCIAIS CON MENORES E ADOLESCENTES - RISCOS NA REDE

    A continuación tedes unha excelente páxina web para identificar, coñecer e traballar os riscos na rede con nenos e adolescentes:

https://sites.google.com/site/tallerid11/

    IDENTIDAD DIGITAL                               RIESGOS DE LA RED

    Esta WEB, elaborada por Víctor Cuevas e Antonio Matos, ofrece documentación, materiais e diversos recursos informativos e didácticos para traballar o concepto de identidade dixital  e fomentar o bo uso das redes sociais entre adolescentes.

     A identidade dixital é o rastro ou pegada que todos os usuarios de internet deixamos na rede como consecuencia da nosa relación con outros usuarios ou coa xeración de contidos e comentarios.
    Se temos buscado o noso nome algunha vez en google, ou noutros buscadores, encontraremos información sobre nós mesmos que algunha vez temos publicado. Tamén é posible que atopemos información nosa que outros usuarios teñen “colgado” ou subido na rede: fotos, vídeos, comentarios en blogs, foros e outras redes sociais, traballos publicados... Información que ás veces non quixéramos que fora accesible a todo o mundo.
   Resulta complicado evitar que non exista rastro persoal en internet. Unha información que ten distintas procedencias:
  • Contidos dixitais como fotos en diferentes redes sociais, vídeos, presentacións subidas en diferentes lugares, documentos publicados en webs e/ou blogs personais...
  • Perfís persoais en redes sociais como faceboock, twitter, tuenti.. ou profesionais como linkedin...
  • Comentarios en blogs, foros, redes sociais, youtube, vebs, portais....
  • Contactos nas redes sociais cos amigos, profesionais, como seguidores...
  • As direccións de correo electrónico.
  • A mensaxería instantánea.
    Algunhas persoas temen pola súa privacidade e son contrarias a estar nas redes sociais. O importante é saber que o perigo non está no medio, os riscos están no uso que se faga de internet e das redes sociais. Por tanto é necesario seguir unhas normas claras de comportamento das que todos e todas somos responsables.







EL ADIVINO DE LAS REDES SOCIALES
 

  
THINK BEFORE YOU POST: PIENSA ANTES DE PUBLICAR


No hay comentarios:

Publicar un comentario