jueves, 28 de febrero de 2013

MOLÉCULAS QUE ENGANCHAN (ALCOL, DROGAS) - REDES TVE

O domingo  24 de febreiro de 2013, emitiuse dentro do programa Redes o capítulo: Las moléculas enganchan.

Na WEB do programa de TVE facilita a seguinte información sobre o programa emitido.
  • Las drogas que alteran el estado de la mente existen desde hace millones de años.
  • Los humanos y otros animales las consumen para aliviar el dolor o provocar placer.
  • ¿Sería la fina frontera entre el uso recreativo y el uso terapéutico de las drogas la causante del tabú que recae sobre éstas?
  • En este programa de Redes, David Nutt, psicofarmacólogo y expresidente del Consejo Asesor sobre Abuso de Drogas del Gobierno británico, nos hablará sin tapujos de la adicción y de algunas de las drogas legales más dañinas con las que convivimos en la actualidad.
  • Y la Mirada de Elsa se centrará en una de estas drogas, el alcohol, y en cómo es capaz de alterar el cerebro en desarrollo de jóvenes y adolescentes.
  • Redes se ha emitido el domingo, 24 de febrero, en La 2 de TVE
Dentro do capítulo, dunha media hora de duración aproximadamente, inclúese "A mirada de Elsa" que nos 10 últimos minutos trata en concreto sobre o alcol e o seu efecto nos adolescentes e xente nova.

A continuación queda insertada de forma independente o vídeo desta parte: El alcohol y su efecto en los jóvenes y adolescentes.

lunes, 25 de febrero de 2013

BECAS E AXUDAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 2013


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca becas para a estancia e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España durante unha semana cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, a partir do 30 de xuño e durante o mes de xullo de 2013.

 Requisitos para optar a beca:

.- Ter nacido entre 1 de xaneiro de 1993 e o 31 de decembro de 1996, e estar matriculado no curso 2012/13 en calquera curso de algún dos seguintes estudos: bacharelato, grao medio de formación profesional, grao medio de artes plásticas e edeseño, grao medio de ensinanzas deportivas, ensinnazas profesionais de música e danza, ensinanzas de idiomas de nivel intermedio e avanzado.

.- Ter a condición de becarios pola convocatoria xeral de becas do Ministerio de Educación no curso 2012/2013.

.- Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.

.- Terán preferencia para as becas os que obteñan maior puntuación.

Contía de la beca. 

A contía destas becas cubrirá todos os gastos: , pero os alumnos seleccionados para completar os gastos totais deberán abonar de forma obrigatoria 100 euros á empresa ou empresas que desenvolvan  esta actividade.  Os gastos de traslado correrán a cargo da familia do alumno/a. 

Prazo de presentación de solicitudes: 

Do 20 de febreiro ata ao 14 marzo de 2013.

As solicitudes se tramitarán a través da WEB do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte cumprimentando un formulario.

Dentro do mesmo prazo os alumnos/as solicitantes deberán presentar a certificación do secretario do centro docente onde cursaran os estudos, na que figure que o solicitante cumpre los requisitos académicos establecidos. 

ENLACE DO MINISTERIO para realizar a solicitude  online co formulario. Tamén tedes toda a información anterior. 

CONVOCATORIA DA BECA NA B.O.E. 

jueves, 21 de febrero de 2013

LA ADOLESCENCIA NOS HIZO HUMANOS

No programa de REDES do pasado 16 de decembro de 2012 emitiuse o documental "la adolescencia nos hizo humanos", no que se fai un repaso a esta etapa fundamental e característica no desenvolvemento dos seres humanos. Unha fase que se produce entre os 10 e 20 anos, aproximadamente, e que non se da nos animais.

Na WEB do programa de televisión española REDES, tedes información sobre o documental e unha entrevista de Eduardo Punset a David Bainbridge, zoólogo da Universidade de Cambridge e autor dun libro sobre a adolescencia, na que analizan diversos aspectos dunha etapa fundamental na vida das persoas que transcorre entre a infancia e a madurez: as fases da adolescencia, o cerebro adolescente, a rebeldía adolescente...

"Ser adolescentes es aquello que nos convierte en seres humanos" David Bainbridge

La adolescencia nos hizo humanos

No seguinte vídeo, A mirada de Elsa, tamén do programa REDES, podemos escoitar a opinión dos propios adolescentes sobre as súas propias vivencias.

La mirada de Elsa - Adolescentes

jueves, 14 de febrero de 2013

PERDERLLE O MEDO Á HIPERACTIVIDADE


Este é o título - Perderle el miedo a la hiperactividad - dun interesante artículo publicado no diario El Mundo o pasado 22 de xaneiro, no que se fai eco da análise e repaso sobre a incidencia deste trastorno publicado noutro artículo da revista norteamericana 'JAMA Pediatrics' no seu volume de decembro de 2012.

No mesmo, destácanse tres ideas básicas:

     - A incidencia do trastorno permanece estable arredor do 5% de nenos.
     - Segundo os expertos hoxendía se diagnostica máis porque o TDAH coñécese mellor.
     - Perderlle o medo ao psiquiatra e á medicación podería axudar a moitos nenos.
 
No periódico El Mundo atopamos outros artículos sobre este tema que poden ser de interese. A continuación tedes outro enlace cunha descripción básica dos síntomas que alertan sobre a posible existencia deste trastorno.  Neste mesmo artículo aparecen tamén enlaces a diferentes asociacións e plataformas de familias e nenos con TDAH de toda España para realizar consultas ou ampliar información:
 
 

sábado, 9 de febrero de 2013

¿COMO EDUCAR LAS EMOCIONES?

¿Como educar las emociones? La inteligencia emocional en la infancia y la adolescencia

Trátase dun libro de 132 páxinas, patrocinado pola Fundación Faros do Hospital Sant Joan de Déu, no que participaron:   Eduard Punset, Linda Lantieri, Francisco Mora, Juan Carlos Pérez-González, Esther García Navarro, Èlia López-Cassà, Madhavi Nambiar, Pilar Aguilera, Nieves Segovia, Octavi Planells i Rafael Bisquerra (Coordinador).  

No seguiente enlace coa WEB da fundación tedes unha reseña sobre o libro, as súas características e os seus obxectivos, e tamén se pode descargar gratuitamentewww.faroshsjd.net

Para descargalo directamente pulsade aquí en documento orixinal

viernes, 8 de febrero de 2013

EXPLÍCAME QUE HA PASADO

"EXPLÍCAME QUÉ HA PASADO" é unha guía gratuita editada pola fundación FMLC que contén unha serie de consellos sobre cómo falar cos nenos, a diversas idades desde a primeira infancia á adolescencia, da morte dun familiar ou dunha persoa querida.  Os expertos afirman que hai que contarlles sempre a verdade pero adaptándoa ao ritmo emocional do neno.

No enlace seguinte podemos visualizar o descargar a Guía Explícame qué ha pasado.


No seguinte documento temos una entrevista a Loreto Cid, autora da guía, en Radio Euskadi.