martes, 22 de enero de 2013

PROBAS ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP - 2013

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2013


No D.O.G. Diario Oficial de Galicia do 21 xaneiro de 2013 saiu a convocatoria das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Descargar a CONVOCATORIA COMPLETA D.O.G.  


CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro ambos os dous incluidos.  

* Data de realización da proba: o 30 de marzo no seguinte horario
 
PRESENTACIÓN:  
- Ás 9.00 horas

PARTE COMÚN DA PROBA:  
- Das 10.15 ás 13,30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua española.

PARTE ESPECÍFICA DA PROBA: 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo desta resolución. 

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 25 de febreiro ao 8 de marzo ambos os dous incluidos.

* Data de realización da proba: o 23 de maio no seguinte horario 
-  Ás 9.00 horas:  presentación.
-  Das 10.00 ás 13 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

-  Das 16.00 ás 18.00 horas. Parte científico-técnica.
As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 

Para obter máis información sobre as probas preme sobre:   

 

jueves, 17 de enero de 2013

GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO - FOLLETOS INFORMATIVOS



ARQUITECTURA E ENXEÑARÍA
ARTES E HUMANIDADES
CIENCIAS
CIENCIAS DA SAÚDE
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS