ENLACES DIRECTOS Á INFORMACIÓN DOS GRAOS
UNIVERSITARIOS OFICIAIS DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS
|
ENLACES COAS TITULACIÓNS PROPIAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA |
Diplomado
Superior en Criminoloxía (Santiago)
|
Diplomado Superior en Xestión Hostaleira
(Santiago)
|
Titulado Superior
en Deseño Téxtil e Moda (Pontevedra - Univ. de Vigo)
|
TITULACIÓN CON CONDICIÓNS ESPECIAIS DE ACCESO
|
Centro Militar da Defensa na Escola Militar de Marín
Para acceder á titulación ofertada polo Centro Universitario da Defensa de
Marín (Escola Naval Militar) pode informarse nas delegacións e subdelegacións
provinciais do Ministerio de Defensa. Ademais de ter aprobadas as PAU e
necesario cumprir os requisitos establecidos para formar parte das Forzas
Armadas e superar unhas probas específicas.
|
viernes, 31 de mayo de 2013
GRAOS E TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EN GALICIA
No enlaces do cadro seguinte, pódese consultar a información concreta de todas as titulacións universitarias que se imparten actualmente no Sistema Universitario de Galicia
miércoles, 22 de mayo de 2013
RESUMO DATAS, INSTRUCCIÓNS E CONSELLOS SELECTIVIDADE 2013
A continuación presentamos un resumo das datas máis importantes da selectividade (PAU) de xuño 2013 e da solicitude de admisión e matrícula nos graos das universidades galegas. Tamén están recollidas as instrucións sobre a realización das probas e unha serie de consellos e recomendacións para a preparación e realización dos exames.
Descargar o documento completo: DATAS, INTRUCIÓNS E CONSELLOS SELECTIVIDADE 2013
SELECTIVIDADE XUÑO
2013 / ADMISIÓN S.U.G. (Datas importantes)
|
28 a 30 maio: Prematrícula PAU na
secretaría do instituto. No IES do Castro adiántase a prematrícula ao luns 27 e martes 28 de maio. Entregarase a cada solicitante un resgardo de
matrícula co código de acceso á aplicación NERTA e as instrucións sobre a aplicación.
|
3 xuño: Publicación
na CiUG, LERD e nos Centros de Secundaria das listaxes definitivas de matriculados por centro. É importante a
comprobación persoal dos datos de matrícula por se é necesario facer reclamacións
no caso dalgún erro.
|
12,13,14 xuño: Realización
das probas. O lugar para os alumnos/as do IES do Castro será
na Facultade de Filoloxía e Tradución
(Comisión Delegada 21) no campus universitario As Lagoas S/N – Marcosende de
Vigo. Os horarios das probas veñen na páxina: http://ciug.cesga.es/PDF/horario.PDF.
|
17 xuño: Publicación dos
criterios específicos de
avaliación de cada materia (nos LERD, Institutos e WEB da CiUG). Son moi
importantes para unha posible reclamación ás notas das probas (exposición en
internet).
|
21 xuño: Cualificacións provisionais das PAU, difusión
a través de Internet e exposición na CIUG das actas provisionais das PAU (a
partir das 20,00 horas)
|
22 a 26 xuño (ata 14:00 horas do día 26): Solicitudes de reclamación
e dobre corrección das
cualificacións das PAU. É necesario valorar adecuadamente se solicitar
reclamación ou dobre corrección. No seguinte enlace da CiUG tes unha
explicación do proceso e das consecuencias: http://ciug.cesga.es/reclamacion.php
|
25 xuño: Envío dos LERD aos centros, por correo
urxente, ás 14.00 horas, das tarxetas de cualificacións provisionais da
PAU.
|
25 xuño a 5 xullo: Solicitude Ordinaria de
Admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias oficiais
de Grao no SUG con límite de prazas.
No seguinte enlace tedes a oferta de graos universitarios nas
Universidades Galegas: http://ciug.cesga.es/PDF/tritico2012.pdf
(esta información se refire ao curso 2012/13). Proximamente saíra a oferta de
titulacións e prazas para o curso vindeiro.
-
Esta solicitude poderase facer a través da aplicación NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega da mesma
nos LERD. É recomendable a aprendizaxe de uso do programa NERTA para facer as
solicitudes anteriores: http://ciug.cesga.es/PDF/nertaalumnadoinstrucions.pdf
-
No seguinte enlace da CiUG tes información sobre o proceso de admisión: http://ciug.cesga.es/preins.php
|
5 xullo: Cualificacións definitivas das PAU
|
6 xullo: Publicación na web da CiUG dos datos de Preinscrición
(a partir das 16.00 horas).
|
15 xullo:
- Publicación na CiUG e nos LERD das listaxes de
admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.
- Exposición na Internet, ás 15.00 horas, das
listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.
- Envío do SASUGA aos interesados, por correo
electrónico ou sms, do estado da súa matrícula.
|
1º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas:
do 17 ao 19 de xullo (ata
14.00 horas do día 19)
2º
PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 29 ao 31 de xullo (ata
14.00 horas do día 31)
Procedemento de matrícula nas
universidades galegas - CiUG: http://ciug.cesga.es/procedementoacceso.php
Lugares de matrícula: http://ciug.cesga.es/lugares.php
|
DOCUMENTACIÓN
E MATERIAL QUE DEBES LEVAR Á PROBA
|
XERAL .- DNI (Documento Nacional de Identidade) ou
pasaporte.
.- Pluma ou bolígrafo negro ou azul
.- Recorda que podes usar o “típex”
pero non compartilo nun exame.
ESPECÍFICA DALGUNHAS MATERIAS
* Para Matemáticas e Física deberán levar
.- Calculadora non programable
As táboas necesarias para resolver problemas (Matemáticas, Química)
serán entregadas polo tribunal cos exames, se fosen necesarias.
* Para Latín e Grego levarán
.-
Dicionario
* Para o exame de Debuxo Técnico deberán
levar
.- Lapis ou portaminas (2H e 2B),
goma, escuadra/cartabón – regra, transportador de ángulos, compás (podes
levar varias minas de compás
preparadas). Ademais convén levar lixa
para afiar, celo para fixar o papel e debuxar mellor.
Non se pode compartir material no exame baixo ningún
concepto.
|
INSTRUCIÓNS
PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES DA PAU 2013 - PROBLEMAS OU DÚBIDAS
|
.- Aos lugares de
realización dos exames da PAU non está permitida a asistencia con
teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos, excepto as
calculadoras non programables mencionadas.
O incumprimento desta norma poderá ser motivo de medida
disciplinaria.
.- Todos os alumnos/as
deberán acudir a presentación o primeiro día ás 9:00 horas da mañá e logo
presentarse á realización dos exercicios á hora convocada para cada un deles.
.- No momento da
presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a, que
deberá ocupar en todas as probas.
.- Ao empezar as
probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barras
que os identifica. Estes adhesivos non
deben dobrarse nin modificarse de ningún xeito. Recoméndaselle tamén que non
deixen os adhesivos nas aulas nin ao alcance de persoas estrañas.
.- Os exames son
anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo
que poidan permitir unha eventual identificación persoal.
.- Ao empezar cada unha
das probas se entrega a cada estudante un caderno de exame formados por dúas
follas A-3 (8 páxinas de tamaño A-4) e unha cabeceira adhesiva. O alumnado pode utilizar para redactar as
respostas todas as páxinas agás a primeira. Non se poderán arrincar nin
engadir follas.
.- O acceso ao aula de
exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame
debidamente etiquetado, aínda que se deixase en branco. Os exames deberán entregárselle a un
membro do Tribunal, esperando que este comprobe que se lle entrega no
número e condicións debidas. En ningún
caso se deixarán os exames enriba das mesas.
DÚBIDAS E IMPREVISTOS
Se por calquera causa
excepcional chegas tarde o primeiro día ou a algún exame, se perdes a
documentación ou tes algún problema coas etiquetas adhesivas de identificación
ponte e contacto e comunica o teu problema ao profesor/a do centro que te
acompañe ou ao vixiante do Tribunal.
|
RECOMENDACIÓNS
E CONSELLOS PARA A PREPARACIÓN E REALIZACIÓN DA PROBA DE SELECTIVIDADE
|
Antes da
proba:
.- O día antes da proba o mellor que podes facer
é desconectar realizando actividades lúdicas ou de lecer (ir á praia, ao
cine, facer deporte ou pasear...).
.- Debes deitarte a unha hora prudente na véspera
(a habitual) para chegar á proba descansado/a.
.- O día anterior deixa lista e preparada a
documentación e o material necesario para realizar o exame.
.- Planifica a preparación da selectividade con
tempo e non intentes estudar apresuradamente no último momento.
.- Procura chegar ao lugar do exame con certa
antelación. Deberás ser puntual, e no caso de xurda algunha incidencia allea
a túa vontade, segue as recomendacións do apartado anterior.
Durante a proba:
.- Le sen presas as dúas probas que che propoñen
en cada exame e avalía tranquilamente cal podes facer mellor. O tempo que
aparentemente perdes serve para que te tranquilices evitando cambios de
opción posteriores que che farán perder aínda
máis tempo.
.- Le ben as instrucións que vos dan para
realizar as probas.
.- Le ben as preguntas ou demandas para
comprender exactamente o que che piden.
.- É recomendable comezar o exame por aquelas
preguntas e cuestións que mellor sabes.
.- Se tes algunha dúbida pregunta aos
profesores/as presentes. Ademais de vixiar están tamén para axudarte.
.- Vixía as expresións e procura que sexan claras
e coherentes cando respondas, organizando mentalmente ou mediante un esquema
as ideas e conceptos que queres explicar.
.- Procura escribir con letra clara e lexible
para o examinador e pon atención na ortografía, na sintaxe, no vocabulario...
.- Distribúe o tempo do exame calculando o que
che pode levar cada exercicio e no te esquezas de deixar uns minutos ao
final para repasar as túas respostas.
.- Se non te chega o tempo para realizar algún
exercicio, deixa anotado un esquema para que o examinador comprobe que a
sabías.
|
WEBS DE CONSULTA:
*
Páxina WEB da CIUG: http://ciug.cesga.es/index.html
* Calendario oficial PAU
2013: http://ciug.cesga.es/PDF/calendariocentros2013.pdf
*
Convocatoria matrícula sectividade xuño 2013: http://ciug.cesga.es/PDF/convocpau2013.pdf
BLOG de Orientación do IES
do CASTRO: http://elorienta.com/castro/
|
lunes, 20 de mayo de 2013
ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES - ACCESO E ADMISIÓN CURSO 2013/14
A Consellería de Educación ven de publicar no (D.O.G.) Diario Oficial de Galicia as instruccións para o acceso e admisión do alumnado a diferentes ensinanzas e estudos superiores de Ensinanzas Artísticas para o curso 2013/14.
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 15 de maio ao 14 de xuño de 2013 na secretaría da Escola Escola de Arte Dramática de Vigo.
As probas específicas comezarán o día 26 de xuño conforme ao calendario que se estableza na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo
|
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 15 de maio ao 13 de xuño de 2013 na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra
As probas específicas comezarán o día 25 de xuño conforme ao calendario que estableza a comisión de acceso da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais.
|
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 15 de maio ao 6 de xuño de 2013 na secretaría dunha das Escolas de Arte e Superior de Deseño de Galicia
As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 20 de xuño de
2013 na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso a Coruña.
|
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 15 de maio ao 7 de xuño de 2013 na secretaría dos Consevatorios Superiores de Música
As probas específicas comezarán o día 25 de xuño
conforme ao calendario que se estableza a comisión de acceso dos Conservatorios Superiores de Música que organizarán a distribución horaria e os espazos de actuación de cada tribunal.
|
martes, 7 de mayo de 2013
CONVOCATORIA MATRÍCULA SELECTIVIDADE XUÑO 2013
Na páxina WEB da CiUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) xa está
publicado documento sobre a MATRÍCULA ANTICIPADA E ORDINARIA da
Proba de Acceso á Universidade para a convocatoria de xuño 2013.
No seguinte enlace podedes consultar
ou descargar a información: CONVOCATORIA MATRÍCULA SELECTIVIDADE XUÑO 2013
O IES do Castro, como en anos
anteriores, pertence á Comisión Delegada nº 21, na Facultade de
Filoloxía e Traducción de Vigo no Campus As Lagoas, s/n –
Marcosende.
A continuación tedes un enlace directo
ao horario completo da realización dos exames (fase xeral e
específica) que se realizarán os días 12, 13 e 14 de xuño: HORARIO EXAMES XUÑO 2013
A continuación tes o enlace co calendario xeral das PAU 2013 e do acceso ao Sistema Universitario de Galicia no curso 2013/14 que inclúe tamén as datas da convocatoria de setembro:
lunes, 6 de mayo de 2013
CONVOCATORIA ORDINARIA DE PRAZAS ALOXAMENTO DO SERVIZO DE RESIDENCIAS DA UNVERSIDADE DE SANTIAGO
O Servizo Universitario de Residencias (SUR) da Universidade de Santiago de Compostela ven de publicar as convocatorias de aloxamento para
o verán 2013 e para o curso 2013-2014.
Prazos de solicitude:
Na convocatoria xeral, para o alumnado de nova admisión, entre eles os que queren matricularse por primeira vez en calquera grao da Universidade procedentes do bacharelato ou dos ciclos superiores da FP, as datas son: do 21 de abril ao 25 de xuño.
A continuación podedes descargar ou consultar a convocatoria na que se especifica todo o proceso de admisión cos requisitos e a documentación que se deberá entregar:
* Convocatoria xeral residencias de Santiago (galego)
* Convocatoria general residencias de Santiago (castellano)
Para acceder directamente a WEB do SUR (Sistema Universitario de Residencias) da Univesidade de Santiago preme no seguinte enlace: SISTEMA DE RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS (SUR)
No seguinte enlace tes acceso directo aos FOLLETOS INFORMATIVOS sobre as residencias universitarias do SUR.
jueves, 2 de mayo de 2013
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2012/13
A Consellería de
Educación convoca para este curso un máximo de 20 premios
extraordinarios de bacharelato. Cada premio estará dotado con
1000 euros e o alumnado que obtivese este premio recibirá, ademais
da contía económica, un diploma acreditativo.
Estes premios son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato aos que poderán optar tras a correspondente inscrición se obteñen o premio extraordinario en Galicia.
Tamén, o alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2013-2014.
Requisitos de participación:
a.- Ter rematados os estudos de bacharelato no curso actual 2012/13 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b.- Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de xuño de 2012
Estes premios son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato aos que poderán optar tras a correspondente inscrición se obteñen o premio extraordinario en Galicia.
Tamén, o alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2013-2014.
Requisitos de participación:
a.- Ter rematados os estudos de bacharelato no curso actual 2012/13 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b.- Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de xuño de 2012
A solicitudes
suscribiranas directamente as persoas interesadas ou, se é o caso,
os representantes legais dos solicitantes.
Realización da proba para obter o premio:
Realización da proba para obter o premio:
A proba se desenvolverá en dúas partes. No seguinte enlace terás acceso á orde onde se publica a convocatoria dos premios, e poderás informarte entre outras cousas sobre a realización da proba : PREMIOS EXTRAORDINARIOSDE BACHARELATO-ORDE
Inscrición e xestión da solicitude:
Para máis información sobre a presentación
da solicitude pódese acceder á aplicación informática que
xestiona os premios no seguinte enlace cando estea operativa: PREMIOS BACHARELATO SOLICITUDES
Suscribirse a:
Entradas (Atom)