miércoles, 3 de abril de 2013

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA FORMARSE EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2013

 A Consellería de Educación publicou no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) do 23 marzo de 2013 a Orde pola que se convocan estas axudas para  formarse en linguas estraxeiras neste ano 2013. Estas axudas están destinadas para alumnado de distintos niveis educativos (primaria, ESO, bacharelato, FP) dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

A continuación tes a orde coa convocatoria completa das axudas.

REQUISITOS :

.- Poden optar a elas os alumnos e alumnas que estean cursando calquera curso de ESO ou bacharelato do instituto.
.- Deberán ter superadas todas as materias no curso pasado (2001/12).
.- Ter acadado no curso 2011/12, unha cualificación mínima de 6 tanto na ESO como no bacharelato (no caso dos alumnos de 1ºESO deberán ter un BEN de nota media no curso de 6º de Primaria).
.- Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
.- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
.- Non estar dentro das prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no D.O.G.
O prazo está aberto dende o 22 de marzo ata o 22 de abril (incluído).

SOLICITUDES E PRESENTACIÓN
As persoas que desexen optar á axuda deberán completar en liña (internet) o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle .

No hay comentarios:

Publicar un comentario