viernes, 28 de octubre de 2011

BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO E CLUB DE LECTURA

BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO


CLUB DE LECTURA

Neste curso, desde a área de dinamización da convivencia coordinada por Mª Lourdes García Vázquez e orientación, propoñemos desenvolver unha iniciativa que se concreta na creación dun club de lecturas pedagóxicas para o profesorado. Esta proposta intenta fomentar a reflexión sobre a práctica docente e proporcionar un espazo e un tempo para compartir o pracer pola lectura e intercambiar puntos de vista sobre a nosa profesión.

Ademais ponse a disposición de todos e todas na sala de profesorado un recuncho -a biblioteca do profesorado- con libros e material bibliográfico seleccionado.

Trátase de ler un ensaio, unha novela ou ver unha película e comentar o impacto que nos provoca, reflexións e sentimentos, e o que pode aportar a nosa actividade docente. Na práctica diaria tendemos a traballar de forma illada, a comunicarnos menos e este club quere ser unha oportunidade para fomentar o traballo colaborativo e para dotarnos dun espazo de encontro.

Neste momento algúns dos profesores e profesoras interesados en formar parte desta experiencia estamos apuntados no curso de formación de profesorado, coordinado polo noso compañeiro Xurxo Domonte Pereiro, que se está a desenvolver no centro sobre pedagoxía sistémica. Dentro das actividades previstas está programada a lectura dun libro sobre a temática concreta do curso. Así que esperaremos a volta do Nadal para propoñer a primeira lectura aberta a todo o profesorado que queira participar nesta experiencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario