viernes, 28 de octubre de 2011

BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO E CLUB DE LECTURA

BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO


CLUB DE LECTURA

Neste curso, desde a área de dinamización da convivencia coordinada por Mª Lourdes García Vázquez e orientación, propoñemos desenvolver unha iniciativa que se concreta na creación dun club de lecturas pedagóxicas para o profesorado. Esta proposta intenta fomentar a reflexión sobre a práctica docente e proporcionar un espazo e un tempo para compartir o pracer pola lectura e intercambiar puntos de vista sobre a nosa profesión.

Ademais ponse a disposición de todos e todas na sala de profesorado un recuncho -a biblioteca do profesorado- con libros e material bibliográfico seleccionado.

Trátase de ler un ensaio, unha novela ou ver unha película e comentar o impacto que nos provoca, reflexións e sentimentos, e o que pode aportar a nosa actividade docente. Na práctica diaria tendemos a traballar de forma illada, a comunicarnos menos e este club quere ser unha oportunidade para fomentar o traballo colaborativo e para dotarnos dun espazo de encontro.

Neste momento algúns dos profesores e profesoras interesados en formar parte desta experiencia estamos apuntados no curso de formación de profesorado, coordinado polo noso compañeiro Xurxo Domonte Pereiro, que se está a desenvolver no centro sobre pedagoxía sistémica. Dentro das actividades previstas está programada a lectura dun libro sobre a temática concreta do curso. Así que esperaremos a volta do Nadal para propoñer a primeira lectura aberta a todo o profesorado que queira participar nesta experiencia.

domingo, 23 de octubre de 2011

RECURSOS DE LINGUA GALEGA

Aquí e na miña lista de blogs (columna da dereita) tedes acceso ao blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES do Castro coordinado polo profesor de Lingua Galega, Xoan Xosé Sande. O blog ofrece unha serie completa de recursos e enlaces para mellorar a competencia en lingua galega.

martes, 18 de octubre de 2011

THAT QUIZ - EXERCICIOS DE MATEMÁTICAS E OUTRAS MATERIAS

THAT QUIZ é una páxina WEB que está deseñada e pensada fundamentalmente para realizar exercicios de matemáticas, pero tamén permite facer exercicios de idiomas ou xeografía.


domingo, 16 de octubre de 2011

SOBREDOTACIÓN INTELECTUAL - ENLACES E RECURSOS

A continuación se relacionan diferentes enlaces con documentos e recursos sobre alumnado con altas capacidades.

.- Documento da Consellería de Educación sobre alumnado con sobredotación intelectual da colección “orientacións e respostas educativas”


.- Documento dos Equipos de Orientación Específicos de Galicia. Esta información está na súa páxina WEB.


.- Páxina do MEC (Ministerio de Educación y Ciencia) de atención a la diversidad: sobredotación intelectual.

.- Guía para la atención educativa al alumnado con sobredotación intelectual de la Consejería de Educación de la Junta de Andalucía.

.- Páxina oficial de MENSA España.

.- Páxina WEB de eMS: El mundo del superdotado.

viernes, 14 de octubre de 2011

CONVIVENCIA ESCOLAR - PORTAL DA CONSELLERÍA

A páxina WEB da Consellería de Educación dispón dun espazo específico dedicado á CONVIVENCIA ESCOLAR, que ten como obxectivo ofrecer á comunidade educativa materiais e recursos, tanto propios como alleos, que axuden no traballo escolar para o fomento da cultura de paz.

Convivencia



Ademais das referencias lexislativas sobre o tema conta con dous documentos que foron utlizados polos centros como base para elaborar os seus Plans de Convivencia respectivos:
No portal de convivencia tamén podemos atopar diversos recursos e materiais didácticos para traballar nas aulas e titorías ademais de múltiples ligazóns a portais institucionais e a outros portais de convivencia.

ORTOGRAFÍA LINGUA ESPAÑOLA - EXERCICIOS

No seguinte enlace tes a posibilidade de traballar e mellorar a túa ortografía en lingua española.

As actividades están actualizadas segundo as novas normas da "Real Academia de Lengua Española".

TÉCNICAS DE ESTUDO E CUESTIONARIO

Neste enlace sobre técnicas de estudo de Arturo Ramo García, podes encontrar:

* Un cuestionario con 70 preguntas ou items para avaliar 8 aspectos das técnicas de estudo.

* Información e asesoramento sobre diversos temas referidos ao estudo.

* Orientacións prácticas sobre o estudo de diversas materias.


Tamén podes descargar o material.

miércoles, 12 de octubre de 2011

ANSIEDADE ANTE OS EXAMES

Un dos problemas aos que se enfrentan algúns alumnos e alumnas é a ansiedade ante os exames.

No seguinte enlace tedes a posiblidade de realizar un PROGRAMA AUTOAPLICADO PARA O CONTROL DA ANSIEDADE ANTE OS EXAMES. (Premer tamén na imaxe)



O programa, que se pode realizar on-line ou descargar, foi elaborado polo "Departamento de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Universidad de Almería".

lunes, 10 de octubre de 2011

ALUMNADO ESTRANXEIRO - RECURSOS

Na páxina WEB da Consellería de Educación hai diversos recursos para traballar co alumnado estranxeiro de nova incorporación ao noso sistema educativo.

Unha ferramenta para todo este alumando en galego, castelán e inglés.


Nos seguintes iconos tes os accesos directos a diversas actividades e exercicios.




ANHIDA - Asociación nenos/as con TDAH

Na páxina WEB de ANHIDA (Asociación de nenos/as con hiperactividade e déficit de atención) ademais de contactar coa asociación para solicitar os seus servizos e podedes consultar ou descargar diversas guías e documentos sobre o trastorno:

WEB da asociación ANHIDA:


GUÍAS E DOCUMENTOS:
.- Guía de actuación en la escuela ante el alumno con TDAH
.- Guía práctica para padres con niños con TDAH
.- Manual para padres y profesores - Alumnado con TDAH

PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Programa de técnicas de estudo APRENDER A ESTUDAR do profesor Raúl Martínez.

DOCUMENTOS SOBRE DIVERSIDADE - CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

A Consellería de educación ten publicados na súa WEB unha serie de monográficos temáticos con información e orientacións educativas sobre alumnado con necesidades educativas especiais. A continuación tedes os enlaces para consultalos "on line" ou descargalos directamente.